Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

16/4/15

Alberto Varela afirma que se manterá firme nas reivindicacións en materia de sanidade e educación ante a Xunta de Galicia

O candidato socialista volveu a reclamar a necesidade dun novo centro de saúde, para o que “a antiga Comandancia de Marina é o emplazamento ideal”, e a dignificación do Hospital do Salnés

Lamentou tamén que as obras de mantemento dos centros educativos se anuncien “chegadas as eleccións” despois de anos sen facer nada e sen garantía de se irán adiante.




Vilagarcía de Arousa, 16 de abril de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela presentará hoxe as propostas máis importantes para o ámbito do Benestar, no que os socialistas engloban educación, sanidade e políticas sociais, nun coloquio aberto no Auditorio (seminario 1), no que está confirmada a participación de representantes de ONGs e profesionais do eido educativo e sanitario. Previamente a esta actividade, no día de onte o candidato socialista acompañouse de parte do seu equipo para manifestar algunha das reivindicacións que Varela mantén no seu programa electoral.

O candidato socialista, que conta na súa candidatura con membros do sector sanitario como a matrona Yolanda Carrera e o enfermeiro e sindicalista do sector sanitario Javier Mtnez. Fente, visitou de maneira simbólica o entorno da antiga Comandancia de Marina, para manter a reclamación na necesidade dun novo centro de saúde para Vilagarcía que ten o seu emplazamento ideal neste edificio. Varela sumou esta reclamación á da “dignificación” do Hospital do Salnés, que segundo o candidato “mantén a calidade que ten gracias a uns profesionais excelentes, que loitan cada día contra o ninguneo ao que os somete a Xunta de Galicia”. Varela non dubidou en remarcar que “para o PP, O Salnés é un territorio de segunda, e o que acontece co Hospital é unha mostra evidente”. Lembrou Varela que foi o goberno que encabezou Emilio Pérez Touriño o que concretou a eterna demanda da terceira planta e a ampliación de servizos do Hospital, mentres que “Feijoo non para de quitar servizos, para convertir o Salnés nun ambulatorio. Cada vez menos personal, cada vez menos recursos, cada vez menos servizos” e acusou a Fole de ser “un títere, que prefire calar diante dos seus xefes que defender aos seus veciños”. O socialista dixo que “calquera persoa de Vilagarcía é consciente de que as reivindicacións dun novo centro de saúde e dunha mellora do Hospital son as que máis apoio cidadá teñen, e con razón. Nos estaremos sempre na primeira fila desa reclamación. Pretendo ser o Alcalde que esixa o que nos merecemos ata que se cumpla. Non entendo outra maneira de representar aos vilagarciáns.”

O alcaldable socialista lamentou que “o PP pense que pode vir aquí a reírse dos veciños. A deputada Marta Rodríguez prometeu no seu día aquel famoso millón de euros do que só se soubo nunha noticia no periódico, pero nada máis. Feijoo prometeu trescentas veces a ampliación do Hospital, e as conselleiras de sanidade xa non saben nin cantas veces o repetiron. Se hai que prometer varias veces o mesmo, é que a promesa non vale de nada” espetou, mais sinalou a Fole ao indicar que “o problema é de quen vai de palmeiro a eses anuncios e logo cando se incumplen en vez de reclamar, xustifica”.
Diante da antiga Comandancia lembrou que foi con un goberno socialista na Xunta, sendo presidente Touriño e conselleira María Xosé Rubio, e con Javier Gago na presidencia do Porto, cando se firmou a cesión dos terreos para a construcción dun novo centro de saúde. “Aquel proxecto estaba encamiñado. O PP olvidouno. Eu estou por recuperar aquel proxecto, Fole non. Quero debatir de esto con el e quero saber por que non defende esta reivindicación”.

Varela Paz trasladou esta situación ao eido educativo, e apuntou que o sucedido cos centros de ensinanza ten todas as semellanzas. “Os colectivos do ámbito educativo, ANPAs, docentes e alumnos levan reclamando moito tempo melloras nos centros de necesidade urxente” referíndose a demandas como a reparación do CEIP Rosalía de Castro ou a construcción dunha nova aula de educación física en Rubiáns, ademáis dos accesos ao CEIP A Lomba e as serias deficiencias no CEIP Arealonga. Alberto Varela apuntou que “a Xunta olvidouse de Vilagarcía primeiro porque había un goberno de esquerdas, e agora porque Fole non ten forza para reclamar e reivindicar nada. Agora chegan as eleccións e o PP anuncia pouco menos que a resolución de todos os problemas por arte de maxia. É inconcebible”. Varela afirmou que “eu non me creo os anuncios a 40 días das eleccións” e afirmou que o mantemento dos centros é unha esixencia que un alcalde debe poñer nos primeiros lugares. “Agora non hai ningunha garantía de que realmente as obras se executen como deben e cando deben”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario