Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

22/4/15

Alberto Varela compromete desenvolver un Plan de Fomento da Lectura, con especial atención aos máis pequenos

O candidato socialista lamenta que este goberno decidira eliminar os programas do Lectoriño

Varela aproveitou a celebración mañá do día do libro para apostar por unha “promoción de hábitos de lectura, que alimenten unha formación crítica e completa”

Vilagarcía de Arousa, 22 de abril de 2015.- Alberto Varela presentou hoxe o Plan de Fomento da Lectura que pretende implantar durante os próximos anos. O candidato socialista pretende que este plan consista no desenvolvemento de actividades e campaña de concienciación da lectura, así como atender especialmente á semana da celebración do día do libro con actividades específicas.

Varela incidiu especialmente no impacto que este plan debería ter nos máis pequenos, e plantexou colaboración entre o Concello e os centros educativos para “alimentar un dos hábitos máis positivos que se poden inculcar aos rapaces”. Varela Paz apuntou que “existe un evidente déficit de lectores, que vai en aumento nos últimos anos, cando a lectura resulta un valor necesario na educación e formación”, e polo tanto considera que “as administracións deben facer por promover os hábitos positivos, que redunden nunha educación crítica e constructiva da cidadanía”.

Varela Paz apuntou que, ademáis de campañas e actividades de promoción da lectura, os socialistas valoran a creación de bibliotecas abertas, coa habilitación de espazos en lugares públicos como prazas ou xardíns, onde se poidan resguardar libros abertos a uso por parte de calquera cidadán, que poderían deixar un e coller outro, o que convertiría estes lugares en puntos de intercambio. Abogou, ademáis, pola posibilidade de establecer unha feria do libro, “como xa houbo no pasado e que tamén se perdeu” . O alcaldable sinala que, con apoio suficiente, esta feira podería convertirse nunha actividade de referencia que contribuira a “recuperar a referencia cultural que foi Vilagarcía no pasado e que con este goberno perdeu a favor doutras poboacións de Arousa, como A Illa, que se aproveitaron da inoperancia deste goberno.

O candidato socialista afondou na proposta, para comparar co feito de que anteriores gobernos puxeron en marcha o programa Lectorín (posteriormente Lectoriño) e, non entanto, a chegada deste goberno municipal eliminou este programa. Varela entende que “o PP ten unha teima fronte á lectura, fronte á cultura en xeral, que evidencia a súa vontade dunha sociedade máis formada. Non é a nosa visión”. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario