O candidato socialista reprocha ao Alcalde que considere normal a situación, e insiste en solicitar o cese da xefa de campaña do PP que cobra do Concello
Varela replica a Fole que “se o que propón é debatir, levo meses facendo propostas e presentando un proxecto. Debatimos cando Fole queira sobre calquera cousa”.
Vilagarcía de Arousa, 22 de abril de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía, Alberto Varela, respondeu hoxe ao alcalde Tomás Fole polas declaracións feitas públicas no día de onte sobre a utilización fondos públicos para pagar a súa xefa de campaña, cuestión que o candidato do PP asumiu como certa explicando que non había problema con eso.
Varela manifestou que o feito de que Fole “faga como se nada pasase” amosa que “o seu concepto dun funcionamento natural, lexítimo e democrático da administración está polo chan”. O candidato socialista admitiu que esperaba unha reacción “máis adecuada ao seu cargo, asumindo erros e actuando en consecuencia co cese da xefa de prensa dado que está actuando como traballadora do partido”, mais afirmou que tampouco se sinte decepcionado polo Alcalde porque “tristemente, é coñecida a súa actitude”. Afondando no asunto, Varela afirmou que “no propio PP hai persoas que se sonroxan ante a actitude que está tomando Fole, facendo e xustificando estes comportamentos. Eu enténdoos”.
Varela Paz respondeu tamén ás peticións do Alcalde de debatir sobre o propio candidato socialista, ao que plantexou que “debatamos de todo. Eu levo meses presentando un proxecto para Vilagarcía, unha idea de presente e de futuro. Estou encantado de explicarllo a Fole a nosa idea e de debatir sobre ela. Xa o plantexei no seu momento e sigo insistindo , creo necesario que existan debates e estou disponible en calquer momento e sobre calqueira cuestión. Aínda nun primeiro momento Fole agochouse, gardo que agora non dé marcha atrás. Agardo que cese a súa xefa de campaña para que non cobre dos cartos de todos e, despois, diga coma min que está a disposición para falar abertamente”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario