Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

15/4/15

Alberto Varela pídelle ao alcalde que non continúe coa “desfeita” das obras electoralistas iniciadas en diversos puntos de Vilagarcía

Varela apunta que “era predecible que un goberno tan caótico terminara o mandato provocando o caos”

O candidato socialista considera unha “irresponsabilidade” que se inicien obras “sen medios, sen persoal e sen ter os terreos para elo”

Vilagarcía de Arousa, 15 de abril de 2015.- Alberto Varela, candidato a Alcaldía polo PSdeG-PSOE, visitou hoxe distintos puntos actualmente en obras en Vilagarcía, como o Piñeiriño, a Praza de España ou a rúa Ramón y Cajal, e afirmou que “o estado actual das intervencións é unha desfeita”. Varela acusou ao alcalde de “iniciar un descontrolado plan de obras, que como únicamente teñen o obxectivo electoralista de que os cidadáns pensen que se están facendo melloras, non están en realidade ben planificadas e non teñen visos de dar froitos”. Varela acusou a Fole de “provocar o caos coa súa obsesiva reacción de levantar agora toda a cidade”, aínda que ironizou indicando que “era previsible que un goberno tan caótico, tan falto de previsión e de capacidade, terminara a lexislatura provocando o caos”.

O candidato socialista repasou as obras municipais, das que destacou que “no Piñeiriño estase a facer unha chapuza, un día enterrando restos e outro levantando, poñendo xogos infantís que se retiran doutros lugares... Na Praza de España as obras están paradas, porque houbo tanta presa por iniciar que o alcalde non parou a mirar se poderían ser rematadas. En Ramón y Cajal comezaron as obras con un so operario ¿Que obra pensa Fole que se fai con un so traballador? E en Bamio resulta que queren facer un campo nuns terreos que non son propiedade do Concello”. Plantexados estos problemas Varela preguntouse “¿a que cabeza se lle ocorre levantar unha vila para montar tal desfeita?”. Particularmente sobre o que acontece coa propiedade dos terreos de Bamio para a construcción do campo de fútbol, Varela plantexa que “¿como é posible que o Concello adxudique unha obra sen ter a titularidade dos terreos? ¿Qué ocurre agora se eses terreos finalmente non se consiguen?”

Varela Paz achacou as problemáticas ao afán electoralista. “Fole pensa que, como noutros tempos pasados, iniciar obras a final do mandato vai darlle votos porque a xente vai pensar que se fan cousas. Mais os veciños e veciñas amosan ser bastante máis normales que o Alcalde, e están fartos de que se intenten estas tretas.

Finalmente, o alcaldable socialista plantexou que “se cadra o mellor é que Fole pare todo isto”, xa que considera que “semella que a intención é deixar como legado unha cidade levantada sen medios para terminar, e logo duns meses botarnos a culpa aos que teñamos que resolver os problemas que está a crear agora”. “Se cadra se paramos, Vilagarcía aínda pode organizarse para facer as cousas con xeito e ben feitas”.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario