Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/4/15

Alberto Varela pretende volver a facer de Vilagarcía un referente cultural, “como xa foi e que perdemos neste catro anos nefastos"


O candidato socialista visitou con parte do seu equipo diversas instalación culturais, das que afirmou que están “amplamente infrautilizadas”

Varela considera que a cultura debe dar un doble obxectivo, tanto formativo como sendo un sector económico con impacto en Vilagarcía


Vilagarcía de Arousa, 25 de abril de 2015.- Alberto Varela, candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía visitou hoxe diversas instalación culturais de Vilagarcía, visita na que contrastou o o “amplo abandono” á que foron sometidas nestes últimos catro anos, nos que os socialistas consideran que Vilagarcía perdeu a referencia cultural que mantiña, a favor doutros Concellos que, na mesma comarca, aproveitaron ese “desdén” do goberno local para erixirse como polo de atracción de visitantes. Nesta aposta pola cultura, considera que é un dos elementos que claramente define a puxanza dunha cidade e porque os socialistas cremos neste sector imos plantexar unha política cultural ambiciosa.  Varela afirma que  “a cultura é poliédrica, serve de vía de medranza persoal, de factor de cohesión social, de soporte de identidade local e supón un activo económico de primeira orde indiscutible que debemos aproveitar”, referíndose aos moitos eventos que se celebran, e particularizando na perda de eventos como o Festival do Norte que suponía “para moitos negocios locais” un momento cumio dentro do ano. Algunhas das propostas que indican os socialistas na súa programación para Vilagarcía, son:

 -Crear o CONSELLO LOCAL DA CULTURA: coa participación de distintos axentes culturais, como as asociacións e colectivos organizadores e creadores, así como os/as técnicos/as municipais, que deseñen e contribúan a planificar e difundir a actividade cultural. Logrando construir un modelo de Cultura de todos e para todos.

- PLAN DE DIFUSIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, que alcance unha comunicación eficaz da programación cultural mediante a mellora dos medios tradicionais de difusión e a utilización das novas tecnoloxías, incluíndo a creación dunha axenda dixital que aglutine todos os eventos programados.

- APOIAR O TALENTO LOCAL, contando cos creadores locais e apoiando as súas iniciativas, especialmente as dos máis novos, na difusión das súas creacións, tanto na rúa como nas instalación dispoñibles, para que ese talento se poida converter en proxectos tanxibles.

- NOVA REGULACIÓN DOS LOCAIS DE ENSAIO. É preciso facer unha revisión da ordenanza que regula o prezo do uso das instalacións, acordando cos usuarios unha nova normativa que garanta o mantemento das instalacións coa accesibilidade dos usuarios.

- Promover a  LINGUA GALEGA COMO SINAL DE IDENTIDADE. Dende o Concello promoveremos políticas activas que contribúan a un incremento do uso do galego. En 2017 cúmprense 70 anos da publicación de “Cómaros Verdes” de Aquilino Iglesias Alvariño, primeira obra publicada en galego despois da Guerra Civil, editada na mítica librería Celta de Vilagarcía.Traballaremos para que esta efeméride supoña un reclamo para a celebración dun certame ou congreso arredor da lingua galega.

- Elaborar un PLAN DE PROMOCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL, que regule o mantemento dos elementos patrimoniais de Vilagarcía e a súa integración en rutas temáticas que os poñan en valor, prestando especial atención aos xacementos arqueolóxicos de Xiabre, aos petróglifos de Os Ballotes e ao Castro Alobre.  Todoes eles elementos que poden fomentar o turismo verde xunto con Cortegada. 

- Crear unha EXPOSICIÓN DE HISTORIA LOCAL que recolla os principais fitos da Historia de Vilagarcía e que permita expoñela e difundila a través da rede de centros educativos e centros socioculturais do municipio.

Para explicar estas e outras propostas, así como para escoitar os colectivos e persoas vinculados ó mundo cultural os socialistas celebran un Encontro Sectorial sobre Cultura o vindeiro mércores 29 de Abril no Seminario 1 do Auditorio ás 20:30. Encontro ó que Alberto Varela covidada a calquer persoa con inquedanzas culturais a participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario