Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

27/4/15

O Partido Socialista realizará a súa tradicional comida anual o 1 de maio, e nomeará Militante de Honra a Manuel Rodríguez Cuervo

Os socialistas queren agradecer así a labor de Cuervo, que se despide despois de 20 anos no Pleno Municipal

A comida contará coa participación de compañeiros de partido e outros amigos e persoas que queren compartir a xuntanza anual e participar da homenaxe

Vilagarcía de Arousa, 27 de abril de 2015.- O Partido Socialista de Vilagarcía aproveita novamente a data do 1 de maio para celebrar a súa tradicional comida anual, que acolle a militantes e non militantes de Vilagarcía e representación de toda a comarca. Os socialistas participarán na manifestación de 1 de maio que percorrerá as rúas de Vilagarcía, e acudirán despois á comida conxunta.

Nesta xuntanza, os socialistas entregan cada ano unha mención especial nomeando a un militante de honra da agrupación. Este ano, de maneira sinalada, os socialistas destacarán con este distintivo a Manuel Rodríguez Cuervo, quen hoxe lunes 27 participa no seu último pleno despois de 20 anos. Os socialistas queren destacar a prolongada traxectoria de Cuervo, quen participou en todos os gobernos socialistas dende 1991, e estes últimos 4 anos dende a oposición.

O secretario xeral dos socialistas, Miro Serén, actual compañeiro de corporación de Cuervo, destacou que “falamos dun compañeiro cunha dilatada experiencia, que aportou, aporta e seguirá aportando dende o seu coñecemento profundo da realidade de Vilagarcía”. Tania García como voceira municipal apuntou que “sempre tiven en Manolo un apoio e un valor destacado á hora de analizar moitas realidades de Vilagarcía, sendo especialmente un coñecedor absoluto do noso rural”. Alberto Varela, candidato á Alcaldía polo Partido Socialista destacou de Cuervo que “a chegada dos servizos básicos a moitos lugares do rural ten o seu selo e a súa impronta. Moitas persoas me din hoxe en día que na actualidade, con un goberno inoperante que no resolve problemas, entenden aínda mellor o valor inmenso que tivo Manolo como concelleiro”.

A comida dos socialistas será este venres no restaurante Acebo, despois da manifestación a partir das 14.30. Está aberta a todas as persoas que queiran participar e que teñen ata o mércores para anotarse, por un precio de 20€, e para facelo únicamente teñen que pasar pola sede socialista ou chamar por teléfono 986502948 / 687474600

No hay comentarios:

Publicar un comentario