Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

17/4/15

Alberto Varela aposta por reforzar o departamento municipal de Servizos Sociais con máis recursos persoais e económicos

O candidato socialista reuniuse onte con representantes de entidades sociais de Vilagarcía para expoñer o programa en materia de Educación, Sanidade e Servicios Sociais

Entre os asistentes, agradeceuse a Varela e ao seu equipo que se incluiran no programa algunhas ideas recollidas nas xuntanzas individuais con cada colectivo




Vilagarcía de Arousa, 17 de abril de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, continúa presentando as principais áreas do seu programa electoral ante os colectivos e entidades sectoriais. Neste caso Varela mantivo unha xuntanza con representantes dos sectores englobados no área de Benestar, no que os socialistas enfocan Educación, Sanidade e Servizos Sociais, e no que se atoparon membros de todos estes sectores.

Varela expuxo as ideas xa coñecidas en materia de educación e sanidade, focalizadas nas necesidades de infraestructuras e o seu mantemento.

No tocante ao ámbito dos servizos sociais, Varela Paz defendeu unha política de valores transversais, centrada na igualdade de oportunidades, e con atención á diversidade e aos colectivos minoritarios e con posibilidade de exclusión. Para elo apostou por reforzar na medida do necesario o área municipal de servizos sociais, e criticou as reformas do PP nas que "dende o goberno central limitan o incremento de persoal equiparando a importancia das distintas áreas escudándose na crise, cando en realidade servizos sociais debería non soamente estar fora desas limitacións senón que debía estar promovéndose o incremento dos recursos", e apuntou cara o Alcalde ao afirmar que "a pesares de Montoro, parece que Fole esfórzase por encontrar solucións ante a lei pero non para investir en servizos sociais, se non para que cos cartos públicos lle paguemos un equipo de campaña electoral". Alberto Varela lembrou ao anterior goberno, quen case duplicou o investimento en política social, "onde Ana Lorenzo fixo unha gran labor e Dolores García soubo valorar as necesidades e reduciu outras partidas para incrementar esta".

O candidato do PSdeG apostou de maneira fundamental polo asociacionismo e a acción colectiva, agradecendo a todos a súa implicación nas organizacións nas que participan, e incidiu na importancia de que o Concello contribúa á coordinación entre entidades. Asemesmo, e continuando coa idea xeral que está a defender en todas as áreas, Varela apuntou que é necesario facilitar a participación dos axentes sociais involucrados na planificación de actividades e accións a desenvolver.

O alcaldable socialista avanzou as medidas que se atopan no seu programa electoral, que estes días ve a luz e que os socialistas presentan en varios formatos (web, escrito e a través das xuntanzas). Neste sentido puxo especial atención nos mais pequenos, e apuntou que "non podemos mirar mais lonxe se os nenos da nosa sociedade pasan dificultades" e avanzou un Plan de Alimentación Infantil, co obxectivo de garantir unha correcta alimentación de nenos e nenas. Alberto Varela lembrou que o grupo socialista presentou esta moción durante esta lexislatura, pero que coincidiu en tempo con que o PP preferira gastar 12.000€ en mobles para a Alcaldía.

Varela apuntou tamén algunhas ideas que considera que "pódense levar a cabo para facilitar a inclusión social de colectivos desfavorecidos, e que non precisan de grandes investimentos senón de vontade e esforzo", como a captación de fincas grazas a acordos por bonificacións fiscais aos propietarios, co fin de convertilos en hortas urbanas cultivadas por persoas con estas dificultades de inclusión social.

En termos de conciliación, Alberto Varela amosouse partidario de facilitar a apertura dos comedores escolares en épocas non lectivas, para favorecer a conciliación laboral e familiar, sendo esta unha reivindicación amosada polas ANPAs durante esta lexislatura. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario