Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

21/4/15

Alberto Varela debateu o seu modelo de política deportiva para Vilagarcía nunha xuntanza con clubes e usuarios das instalacións deportivas

Varela plantexou a dobre visión do deporte como ferramenta de ocio e formación integral, especialmente nos nenos e nenas, e o seu valor turístico e de impacto económico

Os clubes amosaron a súa dispoñibilidade para colaborar máis nunha reorganización da Fundación de Deportes con maior participación



Vilagarcía de Arousa, 21 de abril de 2015.- Alberto Varela mantivo na tarde-noite de onte unha xuntanza con clubes deportivos e usuarios das instalacións de Vilagarcía, na que debateron sobre as propostas que os socialistas presentan a estas vindeiras eleccións municipais, e avanzaron sobre ideas de futuro para a reorganización e mellora da política deportiva de Vilagarcía.

O candidato socialista iniciou a xuntanza expoñendo a idea da concepción dual do deporte, ao igual que no eido cultural, que aspira a unha dobre función. Por unha banda está a vertente dirixida ao ocio e vida saudable, onde Varela Paz incidíu na importancia especial no traballo con nenos e nenas, dado o carácter formativo do deporte. Varela lembrou que “eu levo practicando deporte dende que era moi pequeno, e realmente valoro moito as cousas que aprendín grazas ao deporte. Creo que debemos potenciar a labor formativa en valores”. Orientado a esta función, Varela resaltou a importancia de manter as instalacións de maneira adecuada pois “incluso dende un punto de vista económico, o máis eficiente é manter ben o que xa é propio”. Alberto Varela lembrou a figura de Adolfo Pedrido, concelleiro socialista no primeiro goberno democrático que “xa en 1979 apostaba pola cidade deportiva en Fontecarmoa”, e defendeu o valor das instalacións deportivas que, baixo o seu criterio “son mellorables, pero constitúen un innegable valor que durante anos se foi construíndo. Temos unhas boas instalacións, hai que saber utilizalas e agora esto non está a ocorrer”.

Destacando a labor dos clubes, Varela apuntou que cree no modelo participativo, no que a Fundación de Deportes funcionou correctamente durante moito tempo e axudou a consolidar unha estrutura deportiva “envexada por outros Concellos”. “Mais o Concello non pode vivir aproveitándose do labor dos clubes, senón que ten que ter unha labor coordinadora, de dirección técnica e deportiva sobre os obxectivos estratéxicos e comúns. Esto agora non ocorre e dende a concellería de Deportes funciónase de maneira pasiva e aletargada”. A xuntanza permtíu un debate aberto de ideas no que Varela afirmou constatar que “nen sequera existe contacto real entre as persoas que dirixen a política deportiva de Vilagarcía e os clubes. As persoas á fronte dos órganos deportivos teñen que estar apegados aos clubes e visitando as instalacións, con persoal técnico que coñeza as súas dinámicas e realidades. Houbo bos exemplos no pasado, agora non ocorre”.

Por outra banda, Varela destacou o valor que o deporte ten como sector de impacto económico para Vilagarcía. A importancia que adquiren as competicións deportivas, e apuntou Varela á última Semana santa que acolleu varios eventos, necesita que “tomemos este eido coa importancia que merece. O impacto económico nunha cidade de servizos como Vilagarcía é fundamental. Debemos esforzarnos por estar á altura como Concello, para facilitar e planificar correctamente a organización de eventos ao longo do ano”. O candidato socialista amosou a súa absoluta dispoñibilidade para promover e apoiar a celebración de actividades que atraian visitantes, o que apuntou que é “un eixo clave da nosa visión estratéxica da Vilagarcía do presente e do futuro”, e por iso comprometeu ante os presentes a súa dedicación a sacar adiante os proxectos que se presenten neste sentido, e a tratar de alimentar estas posibilidades no futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario