Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

10/4/15

Alberto Varela reúne ao conxunto das AAVV, conformando o Consello Veciñal que compromete reactivar dende o Goberno Municipal

O candidatos socialista expón hoxe o seu modelo global na relación do Goberno coas parroquias, e as súas principais propostas


Varela plantexará a creación dos orzamentos participativos nas parroquias para orientar os investimentos municipais, e a activación do Consello Veciñal

Vilagarcía de Arousa, 10 de abril de 2015.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía manterá esta tarde-noite no Auditorio de Vilagarcía un encontro co conxunto das AAVV de Vilagarcía, no que constituirá para Varela "a primeira xuntanza de facto do Consello Veciñal". Varela pretende dar forma simbólica así ao órgano que se compromete a reactivar dende o Goberno Municipal, o que supón de antemán a realización dun dos compromisos que o candidato socialista ven plantexando ás AAVV.

Tanto Varela Paz como membros do seu equipo veñen mantendo progresivamente xuntanzas coas AAVV do municipio, así como con representantes veciñais das asociacións máis activas nas distintas parroquias, como Mulleres Rurais, asociacións culturais e comunidades de montes. Nestas conversas, os socialistas xa adiantaron as principais propostas, que hoxe proporán a debate conxunto. De entre estas ideas Varela destaca tres como fundamentais:

- Creación do Consello Veciñal, que agrupe aos representantes veciñais das parroquias nun órgano colectivo, de forma que se poidan organizar e coordinar mellor labores colectivas, como os calendarios de limpezas, as actividades a realizar nos centros e outras.

- Presencia do Goberno de maneira efectiva nas parroquias. Varela apunta que "a presencia do Goberno xunto aos veciños implica dúas cousas: unha é estar, pero a outra é que sirva para algo estar alí. O noso compromiso é que un membro do Goberno esté presente cada dous meses en cada parroquia, e con capacidade efectiva de actuar a decidir, porque non vale de nada ter a algún concelleiro paseando polas parroquias pero que teña que non poida comprometer ningunha acción", afirmou Varela en clara alusión á situación actual da que moitas AAVV se queixaron, segundo indica o socialista.

- Elaboración dos Orzamentos Participativos, "a imaxe do que plantexou a Deputación de Lugo, pretendemos abrir aos veciños e veciñas a orientación dos investimentos que se realicen nas parroquias. Xa o estamos a facer para o que plantexaremos como propostas de campaña, pois as obras que comprometamos agora que faremos sendo Goberno salen das consultas coas persoas de cada lugar, que son as que mellor coñecen a súa realidade", indicou Varela.

A xuntanza de hoxe, en seguemento destes puntos, servirá para intercambiar algunhas ideas que os colectivos consideren de importancia e que os socialistas ábrense a asumir no seu programa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario