Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

9/5/11

CAMIÑO CONDENA QUE ALGÚNS PARTIDOS EMPREGUEN CONTEDORES, ÁRBORES E MARQUESINAS PARA PEGAR PROPAGANDA ELECTORAL

A actual concelleira de Medio Ambiente lembra que colocar carteis electorais nestes lugares non está permitido

“Non é máis limpo o que máis limpa, senón o que menos ensucia”, sentencia Susana Camiño, que acusa de dobre discurso a estas forzas políticas

Vilagarcía de Arousa 8 de maio de 2011.- A concelleira de Medio Ambiente e número cinco da lista do PSdeG-PSOE á alcaldía vilagarciá, Susana Camiño, denuncia que varios partidos estean a empregar para pegar os seus carteis electorais espazos non habilitados para iso, tales como contedores de lixo, árbores ou marquesinas.
Camiño condena o dobre discurso de quen di defender o medio ambiente e logo colocan a súa publicidade nestes sitios. “O candidato do PP, Tomás Fole, denuncia que Vilagarcía non está limpa para despois contribuír a iso utilizando a súa propia imaxe”, lamenta al edila de Limpeza. “De todos xeitos, poderiamos esperar isto dun partido que ten ideas tan disparatadas no eido medioambiental como o PP coa súa praia lacustre en Castroagudín, pero sorpréndenos negativamente no caso de EU. Tanto discurso ecoloxista resulta ser simple palabrería barata”.

A socialista insiste na idea de que “non é máis limpo o que máis limpa, senón o que menos ensucia” e insta a estes partidos a retirar de inmediato toda esta propaganda electoral colocada en sitios indebidos, “pois os políticos deberiamos dar exemplo aos cidadáns e non ao revés”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario