Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

6/5/11

MODESTO POSE COMPROMÉTESE A INCLUIR A REFORMA DA PISTA DEPORTIVA DE ZAMAR DENTRO DO SEU PROGRAMA DE ACTUACIÓNS

O candidato socialista presentou aos veciños a súa idea de crear unha gardería en Trabanca Badiña para atender as necesidades das nais e pais da localidade

Incidiu no seu propósito de avanzar no deseño do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para rematalo ao longo do vindeiro mandato

Vilagarcía de Arousa 6 de maio de 2011.- O candidato socialista á alcaldía vilagarciá, Modesto Pose, continúa coa soa rolda de visitas ás localidades do municipio para manter un contacto directo e próximo cos veciños. Onte tocoulle a quenda a Zamar, lugar onde preto de 30 habitantes asistiron a esta xuntanza, que contou coa presenza dos membros da lista electoral do PSdeG-PSOE Manuel Rodríguez Cuervo, Susana Camiño e Lino Mouriño.

Pose Mesura incidiu nas liñas de actuación máis destacadas que o seu partido quere executar dende o goberno: a mellora do tráfico e creación de aparcamentos disuasorios, aposta por un novo centro de saúde na Comandancia, apoio á instalación dun hotel de alta gama no Ramal para crear emprego e actividade turística; ou facer realidade a nova estación intermodal para liberar do seu uso actual á de autobuses, converténdoa na Casa das Asociacións. Todo, segundo o socialista, “comprometéndonos a gobernar con sentido común e criterio”.





Unha promesa que tamén remarcou á hora de garantir aos veciños de Zamar a reforma integral da súa pista polideportiva, espazo que actualmente está en desuso e que Modesto Pose asegura que “incluirá dentro do seu programa de actuacións no ámbito deportivo. Douvos a miña palabra”, remarcou.

Esta foi a petición que destacaron os residentes deste lugar, que tamén se interesaron na situación da renovación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O número un da candidatura do PSdeG incidiu no propósito de avanzar na reforma do PXOM para poder telo finalizado ao longo do vindeiro mandato municipal.

Un dos temas que anunciou Pose e que máis chamou a atención dos veciños foi a proposta de crear unha nova gardería infantil na casa de Carús, en Trabanca Badiña, local que daría servizo aos cativos deste lugar, así como do resto da parroquia de Rubiáns, Cea ou A Torre.

Tamén fixo referencia a un dos temas de actualidade municipal e toca moi de preto a Zamar: a posibilidade de construír un campo de golf en Rubiáns. Pose defende a iniciativa, toda vez que sexa cotexada a súa viabilidade, xa que entende que a instalación abundaría na potenciación de Vilagarcía como destino turístico destacado, unha das prioridades do candidato.

Finalmente, Pose Mesura interesouse na demanda dos veciños para que se reforce a programación municipal pensada para adolescentes, comprometéndose a estudar a posibilidade de promover novas axudas aos mozos para que “ninguén se quede sen a posibilidade de gozar dos actos que se celebren en Vilagarcía por motivos económicos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario