Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

10/5/11

MANUEL RODRÍGUEZ CUERVO ANUNCIA EN SOBRÁN A INTENCIÓN DOS SOCIALISTAS DE REUNIRSE PERIODICAMENTE COAS ASOCIACIÓNS

Miro Serén, Fernando Quintela, Susana Camiño e Eva Pesado acompañaron ao número dous do PSdeG a Aralde, Galáns, Eiviño, Renza, Rial e Piñeiro

As visitas continuarán mañá en Faxilde, Lagoa, Freixo e a Urbanización San Martiño

Vilagarcía de Arousa 9 de maio de 2011.- Os socialistas iniciaron a primeira semana electoral íntegra cunha nova visita ás parroquias. Hoxe tocoulle a quenda a diversos lugares de San Martiño de Sobrán. O número dous do PSdeG, Manuel Rodríguez Cuervo, e outros membros da candidatura estiveron en Aralde, Galáns, Eiviño, Renza e Piñeiro. Finalmente, un grupo liderado polo propio Rodríguez Cuervo rematou a xornada nos barrios de A Laxe e As Bocas.

O principal obxectivo do PSdeG é dar a coñecer a todos os vilagarciáns, vivan onde vivan, os principais puntos do seu programa electoral, facendo especial fincapé naqueles que máis interesen aos habitantes de cada zona do municipio.

Rodríguez Cuervo reiterou “a nosa intención de reunirnos cada dous ou tres meses con todas as asociacións do municipio para coñecer directamente as súas propostas e inquedanzas”. Tamén reiterou o firme propósito do seu partido de “dotar de rede de saneamento a aquelas vivendas de Pedramogueira que aínda carecen deste servizo” e que “son as únicas casas de todo o municipio que non dispoñen del”.


Nas visitas de hoxe, que tiveron lugar en dúas quendas, de mañá e de tarde, participaron un nutrido grupo de militantes e simpatizantes e estiveron presentes membros da candidatura como Miro Serén, Susana Camiño, Eva Pesado e Fernando Quintela, entre outros.

Os socialistas destacaron a receptividade dos veciños de San Martiño de Sobrán, así como de A Laxe e As Bocas, moi interesados na campaña electoral e no futuro do seu municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario