Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

1/5/11

O PSdeG-PSOE PÍDELLE A FOLE QUE SE DEIXE DE IDEAS ILUSORIAS COMO A DA PRAIA NO EMBALSE DE CASTROAGUDÍN


¿Acaso o candidato do PP non se decata de que no verán o embalse está case sen auga? ¿A cantos minutos está esta localidade da praia?

Fole debería consultar antes de nada aos veciños do lugar: as reclamacións que fixeron ao superdelegado Cores Tourís están aínda sen resolver

Vilagarcía de Arousa 01 de maio de 2011.- O PSdeG-PSOE  de Vilagarcía non sae do seu abraio ante as ocorrencias cada vez máis disparatadas que ten o candidato do PP, Tomás Fole. A última xa é de triple salto mortal cara atrás: crear unha praia artificial en Castroagudín aproveitando o embalse do río do Con, convertendo este espazo nun lugar de ocio.

Descoñecemos que tipo de xente asesora ao señor Fole á hora de parir estas iniciativas ilusorias, pero si que nos gustaría que tivese en conta a intelixencia da cidadanía e, sobre todo, a opinión dos veciños de Castroagudín, que son aos que máis afecta a proposta que nos ocupa. Señor Fole, ¿falou vostede cos veciños deste lugar para coñecer o que pensan ao respecto da súa idea? ¿Sabe se realmente a preocupación dos residentes de Castroagudín pasa por ter unha praia artificial a dous minutos das súas casas tendo as praias de Vilagarcía a dez minutos?


Dende o PSdeG-PSOE preguntámonos a razón pola que o seu partido non atendeu ás demandas que os veciños de Castroagudín lle fixeron ao superdelegado de Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, e agora saen con esta idea ilusoria. O primeiro é o primeiro: atendan ás reclamacións veciñais, señor Fole. Déixese de espellismos en medio do deserto e de praias no monte.

Se por algo destaca o candidato do PP de Vilagarcía é polas súas poucas ganas de traballar. Algo que podemos apreciar tamén nesta iniciativa, na que quere vender a moto de que vai crear unhas novidosas rutas de sendeirismo nas que, por se non está informado, o goberno local leva traballando xa varios anos. Quizáis sexa que tanto Tourís como Fole son máis de praia que de montaña e se quedaron alí estes últimos catro anos agardando as eleccións.

O alcaldable conservador debería saber que o embalse de Castroagudín chega case a quedarse sen auga nos meses de verán, o que o faría moi pouco atractivo tanto para o baño como para o paseo en bote. Tamén sería recomendable que analizase a situación deste espazo, apenas separado por un camiño das fincas próximas. ¿Onde pensa facer a zona de ocio e esparexemento?

Dende o PSdeG-PSOE entendemos que esta proposta é irrealizable e que se o señor Fole quere xerar emprego, nobre cometido que a todos nos preocupa, debería ser el mesmo o primeiro en poñerse as pilas e comezar a traballar, porque as súas propostas non son propias de alguén con sentido común.

Pola nosa parte seguiremos apostando por protexer e coidar os nosos espazos naturais, como este de Castroagudín, para facer posible que todo o mundo poida gozar destes lugares na súa mellor versión: a que a natureza deseñou. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario