Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

9/5/11

MODESTO POSE VISITA RUBIÁNS, CARRIL E VILAXOÁN DURANTE O PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE CAMPAÑA

O candidato socialista reuniuse cos colectivos de Rubiáns para comprometerse a acordar con eles o remate das obras da Praza do Souto

En Vilaxoán, Pose e boa parte do seu equipo asistiron á regata de traineiriñas celebrada en augas da Ría de Arousa

Vilagarcía de Arousa 8 de maio de 2011.- O candidato do PSdeG-PSOE ás eleccións locais vilagarciás, Modesto Pose, visitou nestes últimos días as localidades de Rubiáns, onde asistiu a un encontro informal con representantes das asociacións do lugar, Carril e Vilaxoán. Nesta vila presenciou, xunto a boa parte do equipo da súa candidatura, a regata de traineiriñas.

O obxectivo dos socialistas é manter un contacto directo coa cidadanía non só na capital municipal, senón tamén nas restantes localidades e lugares de Vilagarcía de Arousa. No primeiro deles, en Rubiáns, Modesto Pose estivo acompañado por Susana Camiño, Manuel Rodríguez Cuervo e Lino Mouriño, nun encontro que tivo lugar no Centro Sociocultural e ao que asistiron preto de 30 persoas.

Pose agradeceu a participación e receptividade dos veciños da parroquia, que en todo momento aportaron as súas ideas e pareceres tanto no tocante á súa localidade como ao que se refire ao resto do municipio. O coloquio centrouse na conclusión das obras da Praza do Souto. Modesto Pose foi moi claro á hora de apoiar aos veciños nas súas reivindicacións de rematar os traballos iniciados durante o mandato municipal que agora expira.

O socialista comprometeuse a concluír esta importante obra consensuando cos veciños o resultado final. Estes tamén lle pediron que se atendese á mellora do Centro Sociocultural, no que demandan arranxos puntuais, calefacción e un almacén na parte posterior para gardar material propio.

Por outra parte, os socialistas, con Modesto Pose á cabeza, visitaron Carril para percorrer o centro da vila e explicar o seu programa, centrándose na idea de abrir Vilagarcía ao mar e potenciar Cortegada como destino turístico.

Despois desta produtiva visita, este mediodía tocoulle a quenda a Vilaxoán. Alí, Pose Mesura, Manuel Rodríguez Cuervo, Tania García, Susana Camiño, Fernando Quintela e Miro Serén acudiron á regata de traineiriñas celebrada en augas da Ría de Arousa e combateron o mal tempo para poder conversar cos vilaxoaneses no centro da vila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario