Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/5/11

TANIA GARCÍA ACUSA A FAJARDO DE “MENTIR, FACER CAMPAÑA AO PP E USAR AOS TRABALLADORES CON FINS POLÍTICOS”


A secretaria local do PSdeG-PSOE critica que “o líder de EU recorra sempre á mentira e a demagoxia”

“EU é a esquerda preferida por Tomás Fole, pois ambos partidos votan sistematicamente o mesmo nos plenos municipais”, lembra

Vilagarcía de Arousa 3 de maio de 2011.- A secretaria local do PSdeG-PSOE, Tania García Sanmartín, lamenta que o líder de Esquerda Unida, Juan Fajardo, “teña a cara dura de facer referencia a traballadores en campaña electoral cando a realidade é que el basea a súa carreira política en parapetarse nos traballadores, explotándoos e usándoos para os seus propios intereses”.

A socialista responde así ás acusacións de Fajardo, ao que tamén acusa de “demagogo” e de “servirlle o todo vale á hora de facer descualificacións persoais”, en alusión ás palabras do líder de EU nas que di que García Sanmartín “fixo campaña para EU nos tempos de Javier Gago”, algo que é desmentido categoricamente pola secretaria local. “Esíxolle firme e urxentemente que tente demostrar que iso que di é certo ou que pida desculpas porque soltar mentiras para facer demagoxia dos demais é o máis fácil e, á vez, o máis baixo que se pode facer. Non debe estar aceptado nunha campaña electoral, que debe ser exemplo de respecto”.

Nesta liña, a secretaria dos socialistas vilagarciáns remarca que “o PSdeG-PSOE sempre mantivo e manterá a senda do rigor e o respecto a todos os políticos locais, cidadáns ao fin e ao cabo da nosa localidade”. “En política”, insiste, “non todo vale”.

Á súa vez, Tania remarca que o que si que fai campaña é Juan Fajardo, pero a prol do Partido Popular, xa que “nos plenos municipais vota sistematicamente o mesmo que o partido de Tomás Fole. Vese que comparte ideoloxía”. Para a socialista, “Fole ten en EU á esquerda preferida, a máis cómoda, aquela que lle fai o traballo sucio ao PP” e insiste en que “a xente comeza a decatarse de que ambos pensan o mesmo, votan o mesmo e actúan do mesmo xeito: falan sen pensar”.

Finalmente, García Sanmartín pregúntalle a Fajardo “se seguirá facendo campaña ao PP de cara ás eleccións do 22-M”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario