Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

4/5/11

POSE PREGUNTA O CONSELLEIRO JAVIER GUERRA SE “ABDICOU” DA PRESIDENCIA DO PADROADO DE FEXDEGA TRAS APOIAR O USO DEPORTIVO DO RECINTO


O candidato socialista “non entende” como en época de crise o conselleiro de Industria se dedique a “ir de guai” prometendo a conversión do recinto feiral

Reitera o apoio do PSdeG ao emprego puntual do edificio da Maroma para usos deportivos, culturais e de lecer e o aproveitamento dos seus espazos exteriores

Vilagarcía de Arousa 4 de maio de 2011.- O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, preguntou onte en sesión plenaria do Parlamento de Galicia, na súa calidade de deputado autonómico, se o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, “abdicou” do seu cargo de presidente do Padroado de Fexdega, abrazando a idea electoral do PP vilagarcián de converter de xeito permanente o recinto da Maroma en centro polideportivo para a xuventude.

“Non entendo como nunha época de crise como a que vivimos, o conselleiro se dedica a quedar de guai lanzando promesas deportivas facendo caso á insolvencia de Tomás Fole e renunciando a empregar Fexdega para o que realmente debe ser o seu uso: a dinamización económica da comarca. A súa obriga debería ser esa”, argumenta Pose.

O número un da lista do PSOE en Vilagarcía sostén que a explotación do recinto como polideportivo “é incompatible co seu obxectivo de acoller a organización de feiras”. “A candidatura do PP é, dito con todo o respecto, moi deportiva: quere destinar todos os edificios da cidade ao deporte. Deberían saber que Vilagarcía está, a día de hoxe, á cabeza de Galicia en canto á celebración de eventos de deporte base”.


Modesto Pose incide en que durante a coincidencia de Javier Guerra como presidente do padroado e de Juan Luis Callón Cameán, que concorrerá ás eleccións locais do Grove na lista do PP, como xerente de Fexdega, o ente feiral pasou de ser un referente da dinamización económica da comarca a ser un recinto sen apenas actividade. De feito, segundo datos da propia Consellería de Industria, este espazo é empregado durante apenas 44 días ao ano.

Non obstante, o socialista insiste no compromiso do seu partido de “utilizar puntualmente Fexdega para eventos de tipo deportivo, cultural ou lúdico, como vén sucedendo na actualidade, sempre que sexan compatibles coa organización de feiras”, así como “o máximo aproveitamento posible dos espazos exteriores para uso público, tal e como xa anunciamos”.

Por último, Modesto Pose convidou a Javier Guerra a “reunirse comigo a partir da miña toma de posesión como alcalde para concretar o futuro de Fexdega”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario