Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/5/11

A CANDIDATURA SOCIALISTA COÑECEU DE PRIMEIRA MAN AS NECESIDADES DOS BARRIOS DE TRABANCA BADIÑA E FONTECARMOA

Modesto Pose concretou cos veciños de Trabanca a transformación da Casa de Carús en gardería municipal, idea que aplaudiron

Rodríguez Cuervo atendeu as demandas dos residentes de Fontecarmoa, centradas na reparación do Centro Social e a creación dunha senda verde

Vilagarcía de Arousa 2 de mayo de 2011.- Os membros da lista electoral do PSdeG-PSOE de Vilagarcía continúan co seu programa de visitas aos barrios previas á campaña electoral. Os dous últimos encontros tiveron lugar en Trabanca Badiña, onde o candidato a alcalde Modesto Pose liderou o grupo socialista, e en Fontecarmoa, onde foi o número dous da lista, Manuel Rodríguez Cuervo, o que encabezou a representación do seu partido.

En ambas as dúas reunións os membros das asociacións veciñais tiveron oportunidade de presentar as súas demandas para mellorar as súas localidades. Tanto en Trabanca como en Fontecarmoa o ambiente foi moi participativo.

Un bo exemplo foi, no caso de Trabanca Badiña, o interesante debate sobre qué se ía facer coa Casa do Doutor Carús, a día de hoxe sen uso. Modesto Pose coñeceu da man dos veciños o interese destes en que a vivenda sexa empregada para fins que atraian actividade ao barrio, así como que sirvan a todos os vilagarciáns, algo no que puxeron especial énfase. Neste sentido, os membros da asociación presidida por Faustino Laya estiveron entusiasmados coa posibilidade formulada por Pose: crear unha gardería infantil neste lugar.



Tanto os veciños como o propio candidato socialista coincidiron no moito que prosperou Trabanca Badiña nestes últimos anos, aínda que isto no quita que aqueles tamén realizasen unha serie de solicitudes. Nesta lista aparecen asuntos como a mellora das conexións entre este barrio e o centro urbano, algo que Pose garantiu que sería revisado; a creación dun parque saudable nos xardíns de Carús, idea que tamén foi ben acollida polo socialista; e a recuperación do lavadoiro próximo á casa do médico, tema que será revisado.

No que respecta ao encontro celebrado no Centro Sociocultural de Fontecarmoa, os socialistas atenderon ás peticións dos residentes, representados polo presidente da asociación veciñal, Manuel Diz Bello, a súa homóloga das Mulleres Rurais, Bárbara Diz, e o máximo responsable da Comunidade de Montes, Benito Nogueira.

Os tres incidiron en que unha das súas máximas preocupacións é a reparación das goteiras que sofre o complexo cultural, o peche da entrada principal para evitar actos de vandalismo e a dotación de actividades para os usuarios do local. Os membros da lista do PSOE interesáronse polos tres temas e comprometéronse a solucionalos, explicando que a súa intención é confeccionar un programa de actividades lúdico-culturais que dean vida aos centros das parroquias, descentralizándoas, xa que a día de hoxe están enfocadas case en exclusiva ao Auditorio Municipal.

Outra demanda dos veciños foi a referida á recuperación da senda do lugar de Revexón, que consideran ideal para camiñar e andar en bicicleta. Os socialistas tamén tomaron nota desta obra para incluíla na lista do programa medioambiental que os socialistas levarán a cabo no caso de gobernar. Finalmente, os veciños solicitaron a creación dun miradoiro no Monte Curuxo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario