Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

8/5/11

O PSdeG-PSOE TRASLADARÁ A GASOLINEIRA DE SAN ROQUE PARA REUBICALA FÓRA DO CASCO URBANO

No seu lugar crearase unha nova praza que servirá ademais para reordenar o tráfico da Avenida de Juan Carlos I e a Rúa de San Roque

Os socialistas consideran determinante que a Xunta aprobe a segunda fase do Polígono do Pousadoiro para reubicar as industrias situadas en zona urbana

Vilagarcía de Arousa 7 de maio de 2011.- O PSdeG-PSOE xestionará o traslado da gasolineira de San Roque fóra do casco urbano, unha medida de corte tanto urbanístico como medioambiental que redundará na idea de desprazar fóra da zona céntrica da cidade todas aquelas actividades que poidan ser prexudiciais para o benestar e a habitabilidade de Vilagarcía.

O proxecto contempla, grosso modo, a transformación do espazo que agora ocupa a estación de servizo nunha nova praza que sirva, á súa vez, para reordenar o tráfico entre a Avenida de Juan Carlos I e a Rúa de San Roque, dúas das arteiras principais do tecido urbano.

A gasolineira debería ser desprazada lonxe do centro, a un novo espazo que terá que ser coordinado cos propietarios do negocio.

Os socialistas sabemos que esta proposta é tamén defendida por outros partidos e admitimos que nos agrada que así sexa, pois isto facilitará as cousas para chegar a un acordo que, estamos seguros, beneficiará a todos os veciños desta zona de Vilagarcía, así como á imaxe mesma da cidade.


E é que a conversión deste emprazamento nunha nova praza pública redundará no noso modelo de cidade, unha Vilagarcía humanizada e pensada para os veciños e visitantes, a súa calidade de vida e o gozo do paseo a pé.

A este respecto, debemos admitir que observamos con satisfacción como algúns candidatos da oposición veñen de sumarse recentemente á nosa iniciativa humanizadora, na que todos os vilagarciáns saben que o goberno local leva traballando dende hai anos mentres outros, precisamente estes candidatos, realizaban tendenciosas enquisas para tratar de botar abaixo o noso proxecto global.  Aínda estando inconcluso, a día de hoxe xa podemos afirmar que este plan conta co unanime beneplácito de veciños, hostaleiros e comerciantes. Isto si qué é ter un modelo de cidade, as ideas claras e apostar polo pequeno comerciante local.

Na mesma liña enmárcase a nosa ambición de levar fóra do tecido urbano calquera actividade comercial ou industrial susceptible de incidir negativamente no benestar dos veciños, Vilagarcía precisará da colaboración da Xunta de Galicia. A administración autonómica debe aprobar o antes posible a segunda fase do Polígono Industrial do Pousadoiro, único xeito de que estas firmas poidan manterse en solo vilagarcián, que é o noso propósito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario