Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

3/5/11

O PSdeG-PSOE TRABALLARÁ NA ADAPTACIÓN DAS PRAZAS E PARQUES DE VILAGARCÍA PARA OS USUARIOS DA LIÑA WIFI

A ampliación deste servizo público a un maior número de espazos da cidade é unha proposta prioritaria para o candidato Modesto Pose

A idea sería habilitar zonas nas que as veciñas e veciños poidan conectarse de xeito cómodo e sinxelo a internet sen fíos

Vilagarcía de Arousa 3 de maio de 2011.- O PSdeG-PSOE quere ampliar o servizo de conexión pública á liña de internet sen fíos (wifi), que a día de hoxe xa funciona nos edificios públicos, tales como centros sociais, edificios culturais e da administración local. A intención dos socialistas é permitir a conexión wifi tamén nas prazas e parques da cidade, tanto no centro urbano como na periferia municipal, algo que se levaría a cabo cunha implantación progresiva da liña.

Deste xeito, espazos como a Praza da Liberdade de Carril ou o Parque de Dona Concha de Vilaxoán permitirían a conexión a internet, do mesmo modo que sucedería no Miguel Hernández ou o parque de Ravella dentro do centro urbano vilagarcián. Con isto, non só se democratizaría o acceso á rede virtual, senón que se descentralizaría a todo o municipio.

A maiores, a idea do PSdeG-PSOE é adaptar zonas nestes parques e prazas para posibilitar que a conexión wifi sexa cómoda e sinxela. Loxicamente, estes lugares non contan coas posibilidades de accesibilidade das que dispoñen bibliotecas ou centros sociais, pero a dotación de lugares protexidos e cómodos onde os usuarios poidan  sentarse e levar o seu ordenador para facer uso do servizo de internet sen fíos é unha proposta factible en case todos os casos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario