Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

12/4/11

Modesto Pose anuncia, despois dun debate aberto sobre deportes, a mellora do Manuel Jiménez e do pabellón de Castelao e a construcción de pistas de pádel


As liñas mestras no ámbito deportivo será a potenciación do deporte base e o aproveitamento do deporte como atractivo de Vilagarcía.
O candidato socialista apostou polos deportes de integración coa Ría, a realización de actividades deportivas na rúa, en prazas, parques e espacios públicos e a conformación de espacios lúdico-deportivos na praia de Compostela

Vilagarcía de Arousa, 12 de abril de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, deu onte un paso máis na súa rolda de debates abertos sectoriais para a ultimación do seu programa de goberno, cunha xuntanza co sector deportivo de Vilagarcía. O candidato socialista tomou parte nun debate con máis de 50 persoas entre usuarios e clubes (con máis de 20 entidades representadas), e que tivo un alto grado de participación.

Pose explicou as liñas mestras no ámbito deportivo que plantexan os socialistas para os vindeiros catro anos. Dende un punto de vista estratéxico Pose apostou por continuar co modelo deportivo da Fundación de Deportes, que “cos seus acertos e os seus erros contribuiu dende que está a funcionar a ordear o deporte local, dotalo de representatividade e voz nas decisións que o afectan e apoiar aos clubes no desenvolvemento de actividades e eventos que fan mellorar ao sector deportivo de Vilagarcía”. Pose apostou por defender o deporte de participación, continuando coas actividades para todas as idades, e por priorizar o deporte de base e de formación. “Os criterios estarán pensados para conseguir o mellor para todos, pero cremos que as prioridades teñen que estar no deporte de base, que é a forza máis importancia”. Noutro senso, Modesto Pose defendeu o deporte “como elemento en relación aos demáis enfoques estratéxicos de cidade. Os socialistas pretendemos aproveitar todas as potencialidades que Vilagarcía ten para ser un lugar tremendamente atractivo. Entre elas está a actividade deportiva como atracción para xente de fora, e sacar o deporte á rúa desenvolvendo actividades de exhibición e de amplia participación, en parques e prazas, para dar vida aos nosos espazos públicos”. Ademáis tamén se falou na xuntanza de “dotar de contidos ao espacio da praia entre o paseo e a duna, implementando a zona con material deportivo para actividades de mantemento e deporte de praia”.

O candidato socialista, en relación a cuestións plantexadas polos clubes, plasmou a súa vontade de que “a concellería de deportes esté rexida por persoas con adicación e vocación. Ese será o criterio fundamental para definir en quen recaerá a responsabilidade de goberno neste área”.

INFRAESTRUCTURAS. NOVAS PISTAS DE PÁDEL
Tamén respondeu Pose as cuestións sobre infraestructuras, de moita demanda polos clubes, e tema no que coincidieron os asistentes en optimizar o rendimento e a utilización das xa existentes. Neste punto, Pose manifestou que os socialistas consideran necesaria unha visión a longo prazo, e por iso apostan por concentrar todas as posibles novas instalacións nunha mesma zona. De xeito prioritario Pose apuntou a mellora do Manuel Jiménez e do pabellón de Castelao, como investimentos necesarios. Ao finalizar a xuntanza Pose declarou que entre as posibles novas infraestructuras, os socialistas impulsarán a construcción de pistas de pádel no complexo de Fontecarmoa, deporte que está a recoller moitos adeptos na comarca últimamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario