Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/4/11

Modesto Pose mantén unha xuntanza coa directiva do Liceo – Casino, na que coincidiron as posturas sobre a potenciación do entorno marítimo e o aproveitamento turístico da Ría.

Pose plantexou que as actividades náuticas xogarán un papel fundamental nun modelo turístico de aproveitamento e potenciación da Ría de Arousa, e comentou o proxecto de atraer para Vilagarcía un hotel de alta gama.
A directiva liceísta mostrou a Pose a súa perspectiva en termos culturais e deportivos da localidade.

Vilagarcía de Arousa, 5 de abril de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, continuou cao rolda de xuntanzas con entidades de Vilagarcía cunha visita ao Liceo – Casino de Vilagarcía, acompañado de Fernando Quintela e Miro Serén, membros da candidatura socialista e socios da entidade.

Nesta xuntanza, a directiva do Liceo e o candidato socialista coincidiron na importancia das actividades náuticas en relación coa Ría de Arousa, e a necesidade de potenciar ésta como elemento de lecer e disfrute. “A Ría ten que ser parte da nosa oferta túrística e de calidade de vida, polo que os proxectos que teñen este concepto como elemento chave son de un altísimo interés para Vilagarcía e nós, dende as responsabilidades de goberno, imos apoiar sempre estas iniciativas”, sinalou Modesto Pose en relación a este tema.

A nova sede liceísta, ubicada en terreos portuarios, terá numerosas actividades relacionadas co mar, e de xeito especial a práctica dos deportes náuticos. Ao fío desta implicación deportiva, Pose apuntou que “Vilagarcía ten a posibilidade de complementar as ofertas da comarca e de Compostela a través do aproveitamento deportivo da ría, ofrecendo a posibilidade de referenciarse como emprazamento para estas prácticas, o que daría un pulo forte á industria da hostelería”. Os membros da candidatura socialista plantexaron aos directivos do Liceo a súa proposta ambiciosa de potenciar a implantación en Vilagarcía dun hotel de alta gama e capacidade, que daría solidez a este enfoque turístico.

Ademáis, a directiva do Liceo aproveitou para mostrar a súa visión sobre as iniciativas culturais e deportivas, coincidindo coa importancia de manter unha intensa actividade neste senso que sirva para ofrecer aos vilagarciáns unha amplitude de oferta e posibilidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario