Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

29/4/11

TANIA GARCÍA ESIXE A TOMÁS FOLE, XERENTE DO IPESPO, QUE DEA EXPLICACIÓNS DA CHAPUZA DO POLÍGONO DE BARRO-MEIS


Requírelle ao candidato popular que responda ao porqué de tirar para adiante co proxecto nunha situación de ilegalidade

A socialista di que é a segunda vez que se pon en cuestión a capacidade de Fole como xestor: a primeira foi cando o seu partido o apartou da presidencia do Porto

Vilagarcía de Arousa 29 de abril de 2011.- A número tres da candidatura socialista á alcaldía vilagarciá, Tania García, reclama ao popular Tomás Fole, xerente do Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (Ipespo), que explique as razóns de ter emprendido un proxecto tan importante como o do Polígono de Barro-Meis sen reparar no seu equipamento en abastecemento de auga potable e saneamento.

Este foi o motivo esgrimido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na sentenza que anula a obra e esta é a razón que agora pon en perigo non só a súa viabilidade, senón o daquelas empresas que pensaban instalarse no polígono e agora xa non o farán pola inseguridade xurídica existente.

García Sanmartín entende que como xerente do Ipespo, Tomás Fole é quen debe de aclarar esta chapuza, que pon en cuestión a súa capacidade de xestión, xa que nos anos que leva a soldo do seu ex amigo, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, só “dirixiu” un proxecto: este.

Louzán acusa directamente aos veciños de Curro de ter denunciado unha situación que o TSXG sentenza como “ilegal” e Tania acusa ao presidente provincial e a Tomás Fole de caer na “xestión chapuza”, xa demostrada noutras ocasións, como no Porto de Marín. Non obstante, a socialista incide na imperiosa necesidade de que agora o candidato conservador aclare os porqués da comprometida situación legal do polígono,

así como os pasos a seguir polos responsables do proxecto para regularizalo e garantir ás empresas esa importante bolsa de chan industrial. “Parece mentira que un concelleiro que sempre criticou que a realidade estivese por riba da legalidade caia agora no mesmo xogo”, argumenta.

A socialista considera máis que probada a “incapacidade de xestión” do seu rival político. “Primeiro viu como o seu propio partido o apartaba da presidencia do Porto de Vilagarcía por non confiar na súa valía e, agora, o seu único aval á fronte do Ipespo, xerencia que lle reporta un soldo tan inxustificado como elevado, queda anulado pola sentenza do TSXG”. Tania incide ademais en que “Fole gaña máis polas chapuzas á fronte do Ipespo que Dolores García como alcaldesa de Vilagarcía”.

A número tres da lista do PSdeG-PSOE lembra que dende que a iniciativa da Deputación botou a andar hai sete anos, a empresa pública xestionada por Fole “só foi quen de vender dúas parcelas no polígono e que agora será moi complicado conseguir que algunha firma máis se decida a afincarse en Barro-Meis ante a inseguridade xurídica existente. Iso por non falar de posibles indemnizacións”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario