Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

8/4/11

Modesto Pose visita Trabanca Sardiñeira cos concelleiros Manuel R. Cuervo e Susana Camiño

Vilagarcía de Arousa, 8 de abril de 2011.- Modesto Pose, acompañado dos concelleiros Manuel R. Cuervo e Susana Camiño, membros da candidatura socialista ás eleccións municipais, visitaron  onte a parroquia de Trabanca Sardiñeira e comprobaron de primeira man as necesidades e futuras actuacións a realizar nesta parroquia entre outras demandas os socialistas consideran importantes a xestión coa Xunta de Galicia da dotación dun paso seguro ao cemiterio, a construción dun novo parque infantil, reordenación do tráfico rodado, humanizacións,...

Esta visita complementa á xuntanza que Pose e os demáis membros da candidatura socialista manteñen hoxe coa AAVV Santiago de Afora para conocer da súa voz as principais demandas. Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de visitas que o candidato socialista está a facer ás parroquias do municipio e que foi solicitada xa polos veciños. En vindeiras datas, os socialistas tamén se entrevistarán coas demáis asociacións do lugar, e quedan abertos a calquera consulta. Nestas xuntanzas, Pose está a recoller as demandas veciñais de cara a incluilas no programa de goberno que xa está a ser avanzado en ámbitos sectoriais nos debates abertos que os socialistas están a organizar dende hai unhas semanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario