Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

29/4/11

POSE VISITA A TORRE PARA COÑECER AS NECESIDADES QUE PLANTEXAN OS VECIÑOS DO BARRIO


O candidato socialista comprométese a realizar informes técnicos que solucionen as súas reclamacións de melloras na rede de sumidoiros e aceiras

O segundo acceso que se está a construír para preparar a chegada do tren de alta velocidade a Vilagarcía foi outro dos temas abordados

Vilagarcía de Arousa 29 de abril de 2011.- O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, reuniuse coa asociación de veciños da Torre para coñecer de primeira man as necesidades máis destacadas dos residentes deste barrio da periferia urbana. Pose estivo acompañado polos membros da lista socialista Manuel Rodríguez Cuervo, Susana Camiño e Álvaro Carou. Pola parte da Torre asistiu, entre outros membros, o presidente do colectivo veciñal, Juan Davila.

Este amosou a súa inquedanza por abordar a mellora dos sumidoiros da rede de pluviais no tramo que comprende entre as rúas Progreso e A Viña. Pose lembrou que o Concello está a traballar nun estudo pormenorizado que detecte conexións dos tecidos subterráneos de pluviais e fecais, para erradicalos. Ademais, comprometeuse a liderar informes técnicos complementarios para solucionar as deficiencias denunciadas.

Isto mesmo garantiu o candidato socialista aos veciños noutro caso que é de grande interese no lugar: a mellora das aceiras do Porto. Tamén relacionado coa seguridade viaria e peonil é a accesibilidade a este barrio vilagarcián dende


o centro. Neste sentido abordouse o tema das obras complementarias para a chegada do tren de alta velocidade á cidade arousá.

Dentro deste proxecto estase a executar un segundo paso que conecte A Torre con Vilagarcía, anexo ao xa existente e que os veciños desexan que garanta a seguridade de peóns e vehículos. Pose aclarou que seguirá de preto o avance destes traballos, co fin de comprobar que se instalen aceiras para o acceso a pé.

Dentro dos temas tratados nesta reunión que se prolongou por preto de dúas horas tamén se fixo referencia ao acondicionamento do espazo adxacente ao centro cultural e deportivo do barrio. Os veciños reclaman que se cree nesta zona un aparcadoiro, despois de que xa se procedera á súa limpeza dentro das obras executadas polo Concello a cargo do Plan E do goberno estatal.

Por último, os residentes apuntaron a súa inquedanza pola situación do poboado xitano que está asentado na Torre, cuxa situación demandan que se regularice.

No hay comentarios:

Publicar un comentario