Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

5/4/11

Modesto Pose visita a parroquia de A Laxe e mantén unha numerosa e cordial xuntanza co presidente da AAVV “Contra vento e marea”, Jaime Ramos, e a Asociación de Mulleres Rurais


Vilagarcía de Arousa, 5 de abril de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, visitou no día de onte a parroquia de A Laxe, acompañado de Manuel R. Cuervo e Susana Camiño, concelleiros e candidatos na lista electoral dos socialistas nas vindeiras eleccións municipais. Na xuntanza estiveron presentes o presidente da AAVV “Contra vento e marea”, Jaime Ramos, acompañado de varios membros da asociación, e tamén a Asociación de mulleres rurais, que conformaron un moi numeroso grupo que acudiu á entrevistarse con Pose.

Na xuntanza, o alcaldable socialista e o presidente da AAVV coincidiron na necesidade de manter con fluidez a relación entre os representantes políticos e as asociacións de veciños, comprometéndose a manter estas xuntanzas no futuro. Os veciños de A Laxe plantexaron aos socialistas a súa visión sobre a parroquia, e as demandas que considerarían positivas para o futuro.

Modesto Pose apuntou ao finalizar a xuntanza que “as visitas aos veciños son unha necesidade básica para aqueles que teñen responsabilidades políticas, xa que ninguén coñece mellor a súa parroquia que eles mesmos. A Laxe ten unha recoñecida labor veciñal, e dende logo a miña vontade e respetar e potenciar este momevemento que contribuirá sempre a facer desta parroquia un lugar referente”.

As visitas ás parroquias, que Modesto Pose está a realizar acompañado dos membros da súa candidatura, continuarán ata entrevistarse con todas as asociacións veciñais existentes no municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario