Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

25/4/11

Modesto Pose detalla o seu Plan de Recuperación de Ríos, destinado a definir espazos abertos nos entornos dos ríos rurais e a liberación dos cauces, para favorecer as baixadas de augas e contribuir a evitar inundacións


O candidato socialista sinalou como máximo exemplo o río Lomba, que baixa de Cornazo ata desembocar no Con. 
Pose avanzou a apertura dun camiño ao carón de Fexdega, que conecte Rodrigo de Mendoza con Cornazo e libere o cauce do río.

Vilagarcía de Arousa, 25 de abril de 2011.- O candidato socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, acompañado de varios membros do seu equipo, percorreu esta mañá a primeira hora os tramos do río Lomba, que baixa de Cornazo ata desembocar no Con, para expoñer o seu Plan de Recuperación de Ríos Rurais.

Pose amosou este río como exemplo dos problemas que se presentan no rural de Vilagarcía, cos cauces de ríos encaixonados entre casas ou con muros de lindes construídos xusto enriba deles. O alcaldable do PSdeG fixo firme o compromiso de recuperar estes entornos, dándolle o tratamento adecuado a estes cauces. Con este plan, Pose apuntou a un dobre obxectivo: “por un lado será unha maneira de contribuir a evitar inundacións e desbordes, xa que os cauces estarán adecuados ao percorrer do propio río, porque tal e como están agora algúns a única salida que ten a auga é por arriba. Ademáis, os espazos que se xerarán de paseo e desfrute do entorno conectan perfectamente coa vontade de facer de Vilagarcía unha cidade cunha combinación adecuada de área urbana e rural, con un especial coidado medioambiental”.

De xeito especial, dado o simbolismo amosado no río Lomba, Pose aproveitou a ocasión para consensuar co seu equipo o plan de recuperación da desembocadura deste río no Con. A proposta pasa por liberar o cauce á altura da súa chegada ao entorno de Fexdega, abrindo un camiño no lateral do recinto ferial que agora está case totalmente fechado, para constituir un entorno natural propicio para o paseo e a liberación do río a ceo aberto.

Nas visitas que o candidato socialista e o seu equipo están a realizar ás parroquias, mantendo xuntanzas cos distintos colectivos, esta é unha das ideas que mellor acollida está a ter, sendo varias as AAVV que mostraron o seu interese por que os ríos das súas parroquias estén incluídos neste Plan. Por iso Pose destacou que “cando unha boa proposta ten, ademáis, este respaldo e coincidencia dos veciños resulta necesario apostar forte e comprometidamente”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario