Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

15/4/11

PSdeG y Afasal coinciden na necesidade de lograr un centro de día para Vilagarcía, demanda que Modesto Pose comprométese a xestionar na vindeira lexislatura


O candidato socialista á Alcaldía plantexa como posibilidade que estivera anexionado ao futuro centro de saúde no lugar da Comandancia de Marina
Esta xestión conecta coas propostas xa plantexadas de recuperar o inmoble do antigo asilo e a reutilización do edificio da estación de autobuses como Casa das Asociacións para uso social .
Vilagarcía de Arousa, 15 de abril de 2011.- Modesto Pose, candidato do PSdeG á Alcaldía de Vilagarcía realizou unha visita á local da asociación de familias afectadas polo síndrome de Alzheimer, Afasal, e mantivo posteriormente unha xuntanza coa directiva da entidade. Na visita, Pose estivo acompañado de Tania García, membro da candidatura socialista ás eleccións municipais e traballadora social de profesión.

Nesta xuntanza, o principal tema de conversa foi a necesidade dun centro de día que Vilagarcía precisa, aspecto no que coincidiron de maneira plena todos os participantes da entrevista. Pose manifestou ao respecto que “a reivindicación dun centro de día público é unha demanda que fago miña, e por iso durante a vindeira lexislatura teño a total seguridade de que conseguiremos que esta reivindicación se faga realidade”. O alcaldable socialista profundizou na cuestión ao sinalar que “Vilagarcía acolle a atención de persoas non soamente do propio municipio, senón de toda a comarca, e por tanto estamos a falar dunha instalación para dar cobertura a unha poboación moi grande que comparte necesidades”.

Para afrontar a construcción dun novo centro de día, Pose expuso á directiva de Afasal que os socialistas xa veñen estudando esta demanda dende hai tempo, e que teñen analizadas posibles ubicacións. Entre as distintas posibilidades, sinalaron como moi adecuada a construcción da instalación de forma anexa ao novo centro de saúde reclamado para a antiga Comandancia de Marina. De tal xeito, a reivindicación deste centro cobra agora un dobre sentido, xa que o lugar “é tamén ideal para un centro de día, céntrico, de fácil accesibilidade, con zonas verdes y de paseo ao redor e ao lado dun centro de saúde que facilitará o acceso a servicios sanitarios”.

De modo xeral, Tania García quixo lembrar que a demanda do centro de día enmárcase dentro do enfoque que os socialistas están a dar ás necesidades no campo dos servicios sociais no seu programa electoral. “É indiscutible que as políticas sociais non son posibles hoxe en día sen todas as entidades existentes que fan unha labor de valor incalculable, e que chegan a onde a administración non pode chegar. Así, o que temos que plantexar dende as institucións públicas é facilitar o traballo a estas entidades con infraestructuras e servicios. Por iso estamos a plantexar un programa de goberno nesa dirección, xa non soamente no caso do centro de saúde, senón coa reutilización do actual edificio da estación de autobuses que destinaremos a uso social, ou a recuperación do inmoble do antigo asilo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario