Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

13/4/11

Modesto Pose e os comerciantes de Zona Aberta coinciden na importancia para Vilagarcía dun enfoque estratéxico en turismo, e no rexeite ao centro comercial de Deiro


Nunha xuntanza mantida onte, os comerciantes manifestaron o seu desexo de que as peonalizacións do casco urbano finalicen pronto xa que confían nun efecto moi positivo no comercio

Vilagarcía de Arousa, 13 de abril de 2011.- Modesto Pose, candidato do PSdeG a Alcaldía de Vilagarcía, mantivo no día de onte unha xuntanza coa directiva de Zona Aberta, na sede da entidade dos comerciantes. Nesta entrevista, á que Pose acudiu acompañado de Eva Pesado e Fernando Quintela, membros da candidatura socialista ás municipais de maio, os integrantes da dirección de Zona Aberta plantexaron os temas que son de maior importancia para os comerciantes de Vilagarcía.

A entidade vilagarciana quixo debater con Pose sobre a importancia que para o comercio ten o turismo e a atracción de visitantes a Vilagarcía. Neste sentido, coincidiron as posturas sobre a importancia dun punto de vista estratéxico a longo prazo, e o candidato socialista expuxo o seu plantexamento que está a dar a coñecer nestas semanas. Como lembrou o Modesto Pose, “a primeira proposta que fixemos os socialistas de cara a activar a economía e apostar por novo empleo foi centrada na potenciación do sentido turístico de Vilagarcía. É preciso que dende as responsabilidades políticas e institucionais fagamos xestión destinada a atraer a Vilagarcía un hotel de alta gama, cuestión para a que nos xa nos comprometemos, e dotar de servicios e atractivos ao municipio”. Neste último punto é onde os socialistas destacan a necesidade de establecer unha relación de coordinación e non competición co resto da comarca, e de recuperar a tradicional relación con Santiago para que Vilagarcía sexa “o mar de Compostela”, aproveitando a implantación da alta velocidade. Nas vindeiras semanas Pose ten previsto celebrar unha xuntanza co alcalde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo, para plantexar de maneira conxunta esta cuestión. Todos os asistentes coincidiron na importancia de recuperar usos na Praia Compostela, e os membros da candidatura socialista recalcaron as súas propostas de dotar de material lúdico-deportivo á zona entre a duna e o paseo, e ampliar zonas verdes na propia praia.

Tamén falaron os comerciantes da necesidade de oponerse ao centro comercial de Deiro, que consideran moi negativo para o comercio local. Neste tema, os propios comerciantes coñecen a postura dos socialistas e todos coincidiron no “apoio total dos socialistas á postura dos comerciantes, en contra da construcción dese centro”.

As peonalizacións tamén foron obxeto de conversas na xuntanza, dado que os comerciantes confían no efecto positivo que terá nas ventas. O que plantexaron os integrantes de Zona Aberta é o seu interese por acelerar os prazos na medida do posible para que estén rematadas canto antes, e poder aproveitar as súas vantaxes. Os membros da candidatura socialista concordan coa visión optimista da entidade sobre o efecto da humanización do casco urbano de Vilagarcía, e consideraron que as obras de peonalización do centro estarán rematadas nun prazo de poucas semanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario