Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

6/4/11

Modesto Pose mantén unha xuntanza coa asociación de autopatróns de taxi na que se plantexaron as cuestións referidas á movilidade e reordeación do tráfico

O candidato socialista trasladou aos taxistas a súa proposta de abrir unha vía urbana que enlace As Carolinas co Salgueiral, en complemento á peonalización do centro.
Os taxistas trasladaron a Pose as súas propostas para a ordeación do tráfico municipal, ademáis de interesarse polos futuros servicios e proxectos que atraian xente á Vilagarcía.

Vilagarcía de Arousa, 6 de abril de 2011.- Modesto Pose, candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, continuou hoxe coa rolda de contactos con distintos colectivos e asociacións do municipio, mantendo unha entrevista coa asociación de autopatronos de taxis.

A xuntanza, na que participaron tamén Lino Mouriño e Eva Pesado, tamén membros da candidatura socialista, serviu para que Pose trasladara aos taxistas ás súas principais propostas en materia de movilidade. O alcaldable socialista plantexou o proxecto anunciado este pasado fin de semana, da apertura dun vial adxacente á vía do tren que enlace As Carolinas coa actual estación de trens, expoñendo tamén a vontade de transformar ésta en estación intermodal de transportes, e tamén prolongar este vial dende a estación ata o Salgueiral, aproveitando o trazado da vía que quedará en desuso tras a implantación da nova vía para a alta velocidade. A presentación desta iniciativa tivo unha boa acollida entre os autopatróns, coincidindo os asistentes que é esta unha boa proposta para complementar o desenvolvemento da peonalización do centro da cidade.

Do mesmo xeito, Pose e a asociación de taxis valoraron o impacto que na circulación urbana en Vilagarcía tivo a apertura das circunvalacións norte e sur, e a visión dos taxistas sobre a reordenación do tráfico de vehículos no centro da cidade.

Tamén serviu á xuntanza para comentar o futuro desenvolvemento de servicios en Vilagarcía, e os taxistas aproveitaron especialmente para interesarse pola posibilidade de ampliación do Hospital do Salnés, que para a súa asociación é de moito interese porque os traslados ao centro de Ande supoñen unha boa parte do seu traballo. Ademáis, tamén expuxeron na xuntanza propostas sobre a reorganización de lugares e horarios de carga e descarga, así como as posibilidades de mellora dalgúns puntos concretos da circulación que provocan atascos, en particular parades de autobuses, accesos a lugares espacios comerciais e axuste no funcionamento de semáforos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario