Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

16/4/11

Modesto Pose reitera o compromiso de goberno de establecer un calendario de visitas sistemáticas e periódicas aos colectivos veciñais das parroquias, para “tomar decisións de goberno en colaboración cos veciños”


O candidato socialista reincidiu nesta proposta na súa rolda de visitas ás parroquias onte en Galáns, Eiviño e Aralde e hoxe no Piñeiriño
Os socialistas perfilan xa o programa de goberno, que incluirá apartados especiais para cada parroquia coas intervencións demandadas polos veciños

Vilagarcía de Arousa, 16 de abril de 2011.- Modesto Pose e os membros da candidatura socialista continúan nestos días coa súa rolda de visitas ás parroquias de Vilagarcía, mantendo onte unha xuntanza coa AAVV que se está a constituir entre os veciños de Galáns, Eiviño e Aralde, así como representantes da Comunidade de Montes e da Asociación de Mulleres Rurais. Esta entrevista celebrouse no centro sociocultural da parroquia, no que Manuel R. Cuervo lembrou con varios veciños do lugar como foi este un dos primeiros centros construídos no rural de Vilagarcía a partires da entrada no goberno local dos socialistas hai 20 anos.

Na xuntanza, a AAVV entregou a Pose un escrito coas demandas máis importantes que os veciños recolleron na parroquia, co obxectivo de que o alcaldable socialista as teña en conta á hora de elaborar o programa de goberno. Como ven explicando o propio Modesto Pose, este programa seguirá o formato que tradicionalmente adoptou o Partido Socialista en Vilagarcía e incluirá un apartado especial adicado ás intervencións demandadas polas parroquias. De xeito máis concreto, Pose compartiu unha das principais reivindicacións dos veciños, que é a necesidade de instalar un bombeo para completar o servicio de augas ao lugar de Pedra Mogueira, e comprometeuse á levar a cabo esta intervención “entre os dous primeiros anos de mandato”.

VISITA AO PIÑEIRIÑO
Esta mañá Modesto Pose e o seu equipo achegouse ao barrio de O Piñeiriño, para continuar a facer o traballo de recollida de demandas, e plantexar as iniciativas principais que os socialistas presentan nestas vindeiras eleccións municipais. A visita contou coa presencia tamén de Miro Serén, membro destacado da candidatura socialista e director dende hai 8 anos do CEIP “O Piñeiriño”, que comentou con moitos dos veciños algunhas das ideas específicas que o programa incluirá en relación ao barrio. Entre elas, Serén considera de moita importancia establecer a rúa Adolfo Pedrido, a subida ao pabellón de Fontecarmoa, como de sentido único en dirección subida, evitando a circulación perigosa no entorno do colexio, aproveitando o fácil enlace agora dende o pabellón coa circunvalación sur e gañando algunas prazas de aparcamento no entorno do pabellón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario