Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes
Pablo Iglesias

19/4/11

Modesto Pose plantexa nun debate sobre Medio Ambiente que “baixo o meu mandato, o medio ambiente será un eixo transversal en todas as políticas municipais”

O candidato socialista avanzou un Programa de Rexeneración de Ríos e o desenvolvemento dun Plan de Aforro Energético por parte do Concello de Vilagarcía.
Tania García apuntou que “Cortegada, os ríos, os montes e a Ría serán as nosas bandeiras na política medioambiental”

Vilagarcía de Arousa, 19 de abril.- O Partido Socialista de Vilagarcía continuou a súa convocatoria de debates abertos no día de onte, coa celebración dunha xuntanza con medio centenar de persoas de colectivos como Comunidades de Montes, Asociacións Ecoloxistas, entidades con marcado interese medioambiental e de cidadáns que quixeron colocar as súas cuestións ao candidato socialista á Alcaldía Modesto Pose, e aos demáis membros da candidatura socialista que participaron na mesa de debate: Tania García, Susana Camiño e Sonia Outón.

Neste debate aberto Modesto Pose plantexou as tres liñas básicas na área de Medio Ambiente que rexirán a actuación do goberno socialista de Vilagarcía nos vindeiros catro anos. En primeiro lugar, Pose apuntou que o Medio Ambiente “non pode ser unha concellería estanco, senón que ademáis será un punto de vista transversal a todas as decisións. É necesario que as decisións tomadas en Vilagarcía inclúan o perspectiva medioambiental, para camiñar nun progreso e desenvolvemento sostible”.

O candidato socialista apuntou, como segunda idea, que “mellorar a calidade do medio ambiente é mellorar a calidade de vida”. Neste apartado, Tania García profundizou na necesidade de continuar as políticas que xa están a impulsar dende o concello, de eliminación de verquidos e de vertedoiros no monte, medida que foi moi compartida polos representantes das Comunidades de Montes. Pola súa banda, Modesto Pose anunciou a súa vontade de poñer en marcha un Plan de Recuperación de Ríos, co interese de mellorar os entornos dos ríos do rural vilagarciano ademáis de servir para liberar os seus cauces, cos beneficios que esto proporciona para evitar atascos e obstrucións da canalización natural do auga.

En terceiro punto, Pose expuxo que a súa principal motivación nesta vindeira lexislatura será mellorar a actividade económica e que a preocupación polo medio ambiente pode contribuír, na súa medida, a este obxectivo. Pose avanzou o desenvolvemento dun Plan de Aforro Enerxético que o Concello tomará como propio. As propias dependencias e servizos municipais estarán suxeitos a normativas de aforro enerxético, en iluminación, uso de materiais e recursos naturais e enerxías renovables. Ademáis, os socialistas incidiron no interese tamén turístico que pode aportar o entorno natural de Vilagarcía, no que Pose destacou a “importancia da recuperación da Illa de Cortegada, que en complemento cos nosos montes, e principalmente o aproveitamento de Xiabre e o seu entorno natural, como o acondicionamento xa previsto da área de Fontefría, pode fomentar un “turismo verde” que Vilagarcía pode aproveitar. Hoxe en día temos esa potencialidade todavía sen explotar totalmente, e isto é un reto para nós”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario